lunes, 11 de abril de 2011

Fai cousa de máis de dous meses que non escribo nada, e a verdade que se te paras a pensar estamos na de sempre: parece que foi onte. Parece que foi onte, pero o mesmo tempo podes ver todo o que pode pasar nese pequeno e efímero período de tempo.

Dende aquelas, a vida  pode xirar, e volver a xirar, tal cal dicía Xil Ríos no seu Xirarei, aínda que neste caso sexa a persoa, e non a súa vida a que xire.

neste momento a verdade que non sei moi ben cal é o meu estado de ánimo. demasiadas cousas xuntas. sei que estás farto de dicir: Nada. pero e se realmente non é nada? por que a min me da impresión? pasaron demasiadas cousas  como para olvidalas todas de golpe e porrazo, mais ainda así sabes que non che podo pedir perdón de ningunha outra maneira. estou arrepentido. e sabelo. mais aínda así, non podes dicir que estás ben, que non che pasa nada. creo que te coñezo o suficiente, e máis que suficiente,  para saber que algo sí que che ocurre.

ter esa sensacion de que algo se pode acabar nunca é algo que guste, pero menos aínda se o que podes perder é o máis importante que nunca puideches ter e que neste caso sí que o puiden conseguir. sabes perfectamente todo o que podes chegar a significar. sen máis, a miña vida, e agora sí que no mesmo sentido que o señor Ríos,  xira a redor de ti. ti es quen consegue sonsacarme un sorriso tan só con mirarme, tan só con poñer unha cara determinada. contigo é con quen me sinto máis a gusto. contigo as veces podo ter medo ata de que pensamos igual. contigo sintome seguro. dasme protección só con abrazarme. erguerme cada día o teu carón abrazado a ti sabes que é o que mais me gusta. sabes que me encanta mirar cómo dormes.sabes que (aínda que só as veces) pásome o tempo mirando cómo roncas. sabes que me encanta sentir a túa barba cómo me fai cosquillas pola cara. sabes que me encanta que o meu nome sexa un zooloxico para ti. sabes que me encanta como me fas cosquillas. e mesmo sabes que me gusta discutir contigo. pero sen dúbida sabes que o que mais me gusta de ti e que podemos estar sen falar e mirandonos un o outro ao igual que podemos estar falando e falando horas e mais horas sobre calquera tema, ainda que non teñamos o mesmo punto de vista.

sen máis que dicir, sabes que eres non o máis importante da miña vida, senón que mesmo podo dicir que eres a miña mesma vida. gracias.

sen embargo, non só nestes dous meses me enfadei contigo, senón que nesta fin de semana pasaron dúas cousas importante. por un lado a alegria de poder estar na graduación dos dous nosos amigos, pero por outro lado, a historia da arte perde a un dos seus grandes libros: J.R.Nieto G.

non so era un gran profesor, senon unha gran persoa. claro que se pode dicir que sempre se di o mesmo cando alguén morre, sempre se di o mesmo, as señoras no xornal din que eran boas persoas... pero sen dúbida, Jose Ramón, era unha gran persoa. nunca olvidaremos a ese señor que pedía tabaco en cada cambio de hora e que sempre tiña algo que contar entre clase e clase. pero o que si que non poderemos olvidar eran esas clases donde che podía contar calquera cousa relacionada coa historia da arte ou coa vida: un libro aberto. de verdade, unha das poucas persoas realmente interesantes que coñecin, e que sen dúbida, agradezco ter recibido clases da súa man. moitísimas gracias polas túas lección. a universidade botarate de menos. demostraches o que eras, señor catedrático. gracias.

e agora, despois de estes dous golpes, eu preguntome, que fago? pois de momento, podo dicir que o importante é que ti segues o meu lado, e J.R. sempre seguirá na nosa memoria.

sen dúbida algunha, de vez en cando non ven nada mal escribir!(hora de seguir estudando)  =P

No hay comentarios:

Publicar un comentario