jueves, 3 de febrero de 2011

...comenzamos a viaxe.

Supoño que nesta primeira entrada o que trata todo o mundo é de describir de que vai tratar o seu blog, pero vamos, como di o meu perfil, con moitas cousas que quero sacar fora de min e que non vexo mellor maneira de dicir agora mesmo que escribíndoas.

Rematou esa época na que pouco sabes dos teus amigos, esa temporada na que estás de malas con todo o mundo, ese momento no que comes o primeiro que pillas... si, esa época de éxames que todos odiamos, pero que en ocasión ata se bota de menos! Este ano, quizais non foi o mellor de todos, pero o caso e que a cousa está feita, e gusten ou non os resultados, o feito xa está, e non me podo queixar, polo menos só hai que vir un día en setembro.

Se botamos unha vista atrás, a miña vida cambiou bastante dende que estou en Salamanca. Hoxe por hoxe no meu pobo quizais moitos xa non me recoñecen, outros din que cambie moito, outros ata case nin me saúdan... pero que lle vou facer se agora son feliz! Si, feliz, pero que e realmente a felicidade? cada un podería agora mesmo dicir e dicir máis e máis cousas e non nos poñeriamos de acordo con que é de verdade a felicidade. Pero polo que a min se refire, eu son feliz porque estou cómodo comigo mesmo, teño os meus amigos, teño unha familia que me apoia en todo o que fago (se se fai con cabeza) e estou vivindo coa persona coa que quero vivir. Quizais podería dicir que cun pouco máis de diñeiro sería máis feliz, pero quen non? O que sí, e que de momento non me podo queixar e teño o que quero e necesito, todo na súa xusta medida.

Marchar por completo do teu lugar e intentar crear outra vida non é nada doado, dirían os nosos avós; sen embargo, eu tiven a sorte de que todo foi ben. Fixen compañeiros dende o primeiro momento, e dende entón, coñecín a Carlos. Foi un ano intenso, demasiadas personas en pouco tempo, das cales, quedan cinco ao sumo, pero as cinco máis importantes; ás veces botas de menos a esas que non están, pero non sempre, polo que algo quere dicir que tampouco eran indispensables; o que si, que tampouco nos podemos pechar a coñecer xente nova, e eso pasa cada dia.

Despois dun ano decidimos emprender vida en parella Carlos e mais eu. Críticas a favor por un lado, con apoio por outro; dudas de saldrá ben? e se sae mal? Hoxe en día non me arrepinto de nada. Fago o mesmo co ano pasado, pero agora nun lugar espacial, no noso piso, na nosa casa, un co outro.

Sen embargo, non todo son camiños de rosas, non se pensar que todo está sempre da túa parte. Pero se algo che ensina a vida, e que hai que aprender a alegrarse coas cousas pequenas, e senón, recordar esa frase que sempre me gustou e que nunca souben de quen é (tamén é verdade que nunca a busquei): Hai xente que se perde as pequenas alegrías, esperando a gran felicidade. Canta sabedoría nesas verbas e que difícil non a saber levar a cabo, aínda que pareza sinxelo.

Sen máis, aínda que agora mesmo podería pasarme horas e horas escribindo, vouno deixar por hoxe. Haberá moitísimos máis momentos para contar cómo é a vida e de que está chea a cabeza dun ourensán perdido en terras castelás.

Saúdos a todos.

1 comentario:

  1. (Lo he entendido todo eh!)
    Aunque la vida cambie, siempre tienes tu sitio en aquel lugar donde empezaste a vivirla, de eso no te quepa la menor duda.
    Que el blog dure por mucho tiempo!
    Un beso

    ResponderEliminar